|
|
Taboleiro de Anuncios |
|
|
|
|
|
|
- |
NIF:G36691855 |
|
Zamáns, 2 - xuño -2012
Estimados
socios/as:
Como tódolos anos achegámosvos a
programación cultural e iniciativas interesantes para os vindeiros meses.
-Obradoiro “Fai un Títere”.
O venres, 8 de
xuño, ás 18:30h, dirixido a público familiar, nenos/as a partir de 6 anos
acompañados por persoa adulta. Apuntádevos no C. Cultural, chamando ó
986468039.
-Concerto de Guitarra “Sobe ao Escenario”.
O sábado, 9 de
xuño ás 19h. Actuarán os alumnos do curso de guitarra da Asociación de Zamáns e grupos invitados.
-San Xoán.
O día 23 de Xuño a
partir das 21:30h, sardiñada coa actuación do grupo de cornetas de Beade e ás
00:00h a tradicional fogueira de San Xoán.
-Festa do socio.
O
sábado, 30 de xuño a partir das 19:30h
nas instalacións do Centro Cultural.
Contaremos
coa exposición dos traballos realizados nos cursos da vogalía de muller,
bolillos, pintura...
Abrirá
a quenda de actuacións o grupo de pandereteiras da
Asociación “Abeleira”.
A continuación,
sobre as 20h, acompañaranos a Banda "As Delicias do Caeiro".
Sobre as 21h do
serán, contaremos co espectáculo do humorista Gossip
Bufón.
Para poñer unha
nota gastronómica ó evento, haberá pinchos variados para tódolos socios
presentes a partir das 22h, farase unha homenaxe a un socio e haberá un sorteo.
-Obradoiro de cociña galega.
O obradoiro será
impartido no centro cultural de Zamáns polo
presentador do programa Larpeiros
da TVG, Benigno Campos, no mes de xuño. Está pendente a confirmación de data e
hora.
-Viaxe ás illas Cíes para familias.
Domingo, 8 de
xullo, prazas limitadas, prezo adultos, 13€, nen@s de
Aproveitamos para poñernos como sempre a vosa disposición e
agradecervos a colaboración.
Recibide un
cordial saúdo.